Fondo solidario libros, axuda libros e material
CURSO 2025-2026
ORDE do 28 de abril de 2025 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2025/26 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)
1.- Prazo
Presentación de solicitudes Educación Primaria e ESO : do día 16 de maio ó 20 de xuño do 2025.
2.- Formas de presentación:
-Accedendo á aplicación Fondolibros FONDO LIBROS
-Na sede delectrónica da Xunta de Galicia, SEDE XUNTA
-Na Secretaría do centro.
3.- Documentación:
A) Anexo I e II
B)Fotocopia completa do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
C) Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia non ex pedido pola Administración autonómica.
D) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en CVE-DOG: 977msdn4-45o1-glh7-gsq0-j3eslmsrjx31 calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
E) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.
F) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou cer tificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
G)Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
H) Outra documentación.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación comple mentaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros esta blecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común