arriba

 
Blanco

Servizo de comedor

Hoxe en día, resulta cada vez máis difícil conciliar os horarios de pais e fillos. Por este motivo, o feito de que os nenos poidan comer no colexio é un factor de gran importancia. Cabe destacar ademais, o feito de que concibamos o servizo de comedor non só un lugar no que os nenos quedan a comer, senón que ao mesmo tempo ofréceselles neste espazo unha educación en valores, promovendo actitudes positivas como a saúde e a hixiene, a convivencia cos demais, a responsabilidade e o lecer.

O centro dispón de cociña propia onde se elaboran diariamente todos os alimentos servidos no comedor, tendo como obxectivos a satisfacción dos nenos e ofrecer un servizo de calidade. O servizo de comedor está xestionado pola empresa ALPRINSA que é a encargada da elaboración dos menús do noso comedor para garantir en todo momento unha correcta variedade de comidas.

Todos os usuarios que o necesiten poderán solicitar unha dieta especial (alerxias, intolerancias..) para o que deberán achegar un xustificante médico e entregar este documento cuberto en secretaría 

Prezos comedor:

100€/mes de luns a venres

7€ días soltos 

Documento alta comedor

Documento dieta especial  ( irá acompañado de xustificante médico )

 

Menú comedor curso 2023-2024:

Terceiro trimestre


Dietas especiais:

Non lácteos, lactosa, PLV

Non garavanzo

Non tomate

Non lentellas

Non froitos secos, rosáceas

Celíaco/a

Crohn