arriba

 
Blanco
PortadaseparatorProxectoseparatorOs nosos valores

Os nosos valores

No marco da Escola Católica e con espírito de colaboración e servizo a unha Sociedade plural e á Igrexa, a Entidade Titular dos centros Educativos Vicencianos, Padres Paúles e Fillas da Caridade, ofrecen o Documento do Carácter Propio que define a súa misión educativa, orientada ao desenvolvemento integral da persoa, segundo o Evanxeo e cun estilo propio, inspirado nos nosos fundadores: Vicente de Paúl e Luisa de Marillac.

A Proposta Educativa da Escola Vicenciana sintétizase nos seguintes criterios e principios de actuación:

 img#90988


A escola cristiá e vicenciana


A. Promove a formación integral dos alumnos de acordo cunha concepción cristiá do home, da vida e do mundo, e prepáraos para participar activamente na transformación e mellora da sociedade, con estilo vicenciano.


B. Favorece o crecemento e a maduración do alumnado en todas as súas dimensións.Con este obxectivo:


• Axudámoslles a descubrir e desenvolver as súas capacidades físicas, intelectuais e afectivas.

• Educamos a súa dimensión social e promovemos a súa inserción no mundo de forma responsable e construtiva.

• Potenciamos a formación ética e trascendente da persoa.


C. A nosa escola:


• Dá resposta a unha opción educativa que moitos pais reclaman e ábrese a todos os que desexan educar nela aos seus fillos.

• Acóllese á financiación pública para garantir a gratuidade da educación e evitar toda discriminación por motivos económicos.

• Conta cun equipo de profesores e colaboradores que se comprometen a dar unha educación coherente e de calidade a todos os alumnos.

• Ten o apoio e o estímulo das familias do alumnado, comprometidas coa educación propia do centro.

• Segue as orientacións e os criterios pastorais da Igrexa Diocesana.

• Insértase na realidade socio-cultural de cada lugar, como expresión da súa identidade cristiá e da súa vocación evanxelizadora e síntese solidaria coas demais escolas.