arriba

 
Blanco
PortadaseparatorAdmisión curso 2022-2023separatorINFORMACIÓN PROCESO ADMISIÓN

INFORMACIÓN PROCESO ADMISIÓN

Pode consultar o listado provisional no taboleiro do centro.
Nota: todas as solicitudes presentadas están admitidas


¿A QUEN VAI DIRIXIDO?

- Alumnado que solicite un posto escolar por primeira vez.

- Alumnado matriculado nun centro que desexe cambiar a outro centro.

- O alumnado que pretenda continuar estudios nun centro de adscripción cando o número de prazas          dispoñibles sexa inferior á demanda.



PRAZOS

 Solicitudes de admisión

 

Presentación de solicitudes:  Do 1 ó 21 de marzo do 2022.

Presentación de documentación xustificativa dos criterios de baremo si o número de solicitudes é superior ó de prazas ofertadas

Do 24 de marzo ó 6 de abril.
Publicación do listado provisional de admitidos e non admitidos Antes do 25 de abril.
Reclamación do listado provisional na Secretaría do centro 3 días hábiles contados dende o día seguinte á súa publicación.
Publicación dos listados definitivos Antes do 15 de maio do 2022.


Matrícula

Educación Infantil e Educación Primaria

Do 20/06/2022 ó 30/06/2022     
Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) Do 27/06/2022 ó 11/07/2022
Prazo extraordinario para Educación Secundaria Obligatoria Do 1/09/2022 ó 12/09/2022.

As solicitudes presentadas entre o 22 de marzo do 2022 e o 25 de abril do 2022, ambos incluídos, serán consideradas solicitudes FÓRA DE PLAZO.


DOCUMENTACIÓN

 

-SOLICITUDE ED550B (ANEXO II E ANEXO II BIS)

-Documento acreditativo da idade do/a alumno/a: fotocopia do DNI, Libro de familia...

-Certificado de escolaridad para alumnos/as de EP ou ESO. (solicitar no centro de orixe)

-Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.

-Copia do DNI do solicitante e dos membros da unidade familiar se non acepta a comprobación automática pola administración. 

  

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 

A normativa establece que as solicitudes axustaránse ó modelo oficial que se publica como ANEXO II da orde do 25 de xaneiro do 2017 (DOG do 01/02/2017).


A solicitud poderá presentarse:

a) de forma presencial no centro:

          - Na secretaría poñerase a disposición das familias o formulario. Unha vez cuberta a solicitude, poderá entregala acompañada da documentación no centro.

         - Pode imprimir o documento ED550B e entregarlo na secretaría acompañado da documentación.

                 

b) directamente na sede electrónica da Xunta. A solicitude na sede ten asignado o código ED550B

                    

c)a través da aplicación “ADMISIONALUMNADO”.               

      




NOTA INFORMATIVA

Según a lexislación vixente as familias deben ter en conta que:

  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, si presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo ó mesmo tempo ó centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.



PRAZAS DISPOÑIBLES

4º EI

50

5º EI

16

6º EI

 19

 

 

1º EP

21

2º EP

24

3º EP

21

4º EP

8

5º EP

11

6º EP

1

 

 

1º ESO

24

2º ESO

4

3º ESO

21

4º ESO

19

 

 


CRITERIOS DE PUNTUACIÓN

 

Se o número de solicitudes é superior ó de postos dispoñibles, aplicaránse os seguintes criterios para establecer unha orde de prioridade:

 

CRITERIO

PUNTUACIÓN

Irmás ou irmáns no centro

Primeiro irmán:8 puntos.

Segundo e seguintes :2 puntos cada un. Máximo 14 puntos.

Proxenitor/a, titor/a, acolledor/a traballador/a do propio centro

3 puntos, non acumulables por ambos proxenitores.

Proximidad do domicilio familiar

Na la área de influencia : 8 puntos.

Nas áreas limítrofes: 4 puntos.

Lugar de traballo do/a proxenitor/a, titor/a, acolledor/a

Na área de influencia : 6 puntos.

Nas áreas limítrofes: 3 puntos.

Renda anual per cápita da unidade familiar

Inferiores a 0,5 veces ó IPREM*: 3 puntos.

Igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces ó IPREM: 2 puntos.

Igual ou superior a 0,75 veces e inferior ó IPREM:1 punto.

Igual ou superior ó IPREM:0 puntos.

Discapacidade igual ou superior ó 33% ou percepción de pensión

Do/a alumno/a : 4 puntos.

Dun pai, nai, titor/a,acolledor/a ou novo conxuge ou persoa cunha relación análoga: 3 puntos.

Irmá: 1 punto cada un deles.

Familia numerosa de categoría especial

Categoría especial: 3 puntos.

Categoría xeral: 2 puntos.

Condición de familia monoparental

2 puntos.

Vítima violencia de xénero

2 puntos.

Vítima de terrorismo

2 puntos.

Irmás ou irmáns nacidos dun parto múltiple.

8 puntos se son dous.

10 puntos se son mais de dous.

Criterio establecido polo centro: Fillo/a de ex alumno/a

1 punto.


Área de influencia: Concello de Ribadeo.

* O IPREM para o ano 2020 está fixado en  6454,03 €


 

CRITERIOS DE DESEMPATE

  • Maior puntuación por irmás ou irmáns no centro.
  • Maior puntuación por proximidade do domicilio familiar ó centro ou lugar de traballo da nai, pai ou titor/a.
  • Maior puntuación por renda per cápita da unidade familiar.
  • Nai, pai, titor/a ou acolledor/a traballando no centro.
  • Condición de familia numerosa.
  • Irmás ou irmáns nacidos en parto múltiple.
  • Condición de familia monoparental.
  • Maior puntuación por concurrencia de discapacidade.
  • Condición de vítima de violencia de xénero.
  • Condición de vítima de terrorismo.
  • Criterio establecido polo centro educativo.

 

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos informa mediante a publicación da  Resolución do 23 de febreiro do 2022, do resultado do sorteo sobre as letras de prioridade para o desempate no proceso de admisión de alumnado. Para o primeiro apelido son as letras "V" e "U", e as que haberá que utilizar como elemento de desempate no segundo apelido son las letras "A" e "Z".



NORMATIVA RELACIONADA

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).