
Pola orde do 11 de agosto de 2022 convocouse, en réxime de concorrencia non competitiva, unha subvención pública a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, publicado no DOG do 2 de setembro de 2022.
Concorremos a esta convocatoria para colocar paneis interactivos nas máximas aulas posibles.
Estes dispositivos maximizan a aprendizaxe STEM. Ademais o uso de paneis táctiles cos compañeiros de clase axuda aos estudantes para desenvolver competencias de aprendizaxe socioemocional.
As pantallas interactivas teñen unha capacidade inherente para impulsar a aprendizaxe activa (aprender a través da participación no contido). Fomentan a colaboración xa que as súas funcións multitáctiles permiten a varios estudantes manipular o contido en pantalla de forma simultánea, traballando en equipo.
Cando os estudantes mostran, explican ou ensinan ao resto dos seus compañeiros, as súas mentes participan activamente no proceso de aprendizaxe. Se isto se leva a cabo nunha gran pantalla os beneficios serán aínda maiores. Cun monitor interactivo, os estudantes poden extraer contido da
internet, anotar cousas na parte superior das diapositivas para resaltar os puntos crave, agregar vídeos e audio ás presentacións, e moito máis.
O orzamento investido nestas actuacións foi de 47598,98€ financiado pola Unión europea-Next-GenerationEU e apoiado pola Xunta de Galicia.