Fondo solidario libros, axuda libros e material
CURSO 2024-2025
ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
1.- Prazo
Presentación de solicitudes Educación Primaria e ESO : do día 21 de maio ó 21 de xuño do 2024.
2.- Formas de presentación:
-Accedendo á aplicación Fondolibros FONDO LIBROS
-Na sede delectrónica da Xunta de Galicia, SEDE XUNTA
-Na Secretaría do centro.
3.- Documentación:
A) Anexo I e II
B)Fotocopia completa do libro de familia .
No caso de non ter libro ou que non reflicta a situación a 31/12/2022 (por separación, defunción, etc ), poderán acreditar o número de membros utilizando os seguintes medios:
-Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
-Certificado ou volante de convivencia.
-Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde resida a familia.
A seguinte documentación so hai que entregala se procede:
• Certificado do grao de discapacidade do alumno ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que NON pertenza á Xunta de Galicia.
• Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero.
• Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
• No caso de que o pai a nai ou o titor carezan de DNI e NIE deberá achegar a Resolución administrativa ou xudicial acreditativa ou informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde resida a familia.
En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2020, agás no caso de violencia de xénero, en que aplicará o disposto na lexislación específica.
4.- Tipos de axudas e destinatarios
A solicitude será ÚNICA POR CADA UNIDADE FAMILIAR (PARA TODOS OS FILLOS E PARA OS 3 TIPOS DE AXUDAS):
- Axudas para adquirir libros de texto: optan a esta axuda os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria.
O solicitante obterá un vale para poder mercar libros de texto.
- Fondo solidario de libros: optan a esta axuda os alumnos de 3º e 4 º de Educación Primaria.Esta axuda consiste no préstamo de libros que hai que devolver ó finalizar o curso 2024-2025
- Axudas para adquirir material escolar: optan a esta axuda todos os alumnos de Primaria e Secundaria.
O solicitante obterá un vale para mercar material escolar.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º,2º,3º e 4º da ESO teñen adxudicado por defecto E-DIXGAL e polo tanto non optan a fondo de libros.
Renda per cápita da unidade familiar:Renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2022 dividido entre o número de membros computables.
Membros computables da unidade familiar:
a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.
b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.
c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar
e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común. A solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores.
f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado, agás nos casos de custodia compartida.
Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai, e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.
Non terán a consideración de membro computable:
a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.
b) O agresor nos casos de violencia de xénero.
Presentación de solicitudes Educación Primaria e ESO do día 21 de maio ó 21 de xuño do 2024.